Varios medios fixéronse eco no día de hoxe dunhas supostas declaracións realizadas por Diego Tristán para a revista italiana Tutto Sport. O xogador quere desmentir esta información e afirma que non concedeu ningunha entrevista para o citado medio.
Tutto Sport publicaba a principios da semana unha suposta entrevista co dianteiro deportivista na que o xogador se mostraba feliz coa idea de fichar pola Juventus a final de tempada.