RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Despedida agridoce

Mauro Silva e Fran din adeus a Riazor e aos seus afeccionados cunha derrota ante o Mallorca. O resultado e o fútbol non acompañaron a ambos os xogadores na súa despedida xa que o Deportivo caeu por 0 a 3 ante os de Cúper, que bateron a meta deportivista c

Breve e emocionante homenaxe dos xogadores branquiazuis aos seus capitáns, Fran e Mauro Silva, que foron recibidos en Riazor cunha emocionante ovación e pancartas nos fondos. O partido empezou mal para os branquiazuis que aos 8 minutos vían como subía ao marcador o primeiro tanto de Farinós. Despois viñeron os únicos momentos onde o Deportivo parecía buscar a meta rival. Pero no 36 Arango marcou o segundo e deixaba case sentenciado o partido.

Da segunda parte hai pouco que contar, entrou Fran tras o descanso, ovacionado polos afeccionados, e no 62 Okubo anotaba o terceiro tanto, en aparente fose de xogo. Tan só Xisco buscou a portaría de Moyá.

Final do partido, derrota e despedida da liga nun Riazor que aplaudiu aos seus capitáns.