Feiraco, marca láctea galega da cooperativa rural galega CLUN, e o RC Deportivo renovaron o seu patrocinio na que é xa a súa décima temporada de alianza.
Para celebralo este 4 de outubro, coincidindo coa previa do partido en ABANCA-RIAZOR, tivo lugar un acto conmemorativo no que participaron Juan Gallástegui, director xeral de CLUN e Vicente Fernández, conselleiro do Club.
Sobre o céspede do estadio presentouse unha camiseta especial co número 10, símbolo deste dez temporadas camiñando xuntos. Ademais, durante o acto proxectouse un vídeo histórico no que se recollían algúns dos momentos máis destacados da relación de Feiraco co club branquiazul, que se remonta á temporada 1992-1993, cando a marca láctea converteuse en patrocinador principal do equipo.
A súa presenza na camiseta prolongouse durante oito temporadas consecutivas (1992-2000), coincidindo cunha das etapas máis brillantes do club. Neses anos destacaron figuras como Bebeto ou Mauro Silva e adestradores como Arsenio Iglesias ou Javier Irueta. Ademais, serán lembrados pola conquista de títulos tan significativos como a Copa del Rey ou o campionato de Liga.
Feiraco volveu ás camisetas da vestimenta do club deportivista a pasada temporada (2024-2025), esta vez na parte traseira, xusto encima do nome dos xogadores.
Como parte da celebración por este décimo aniversario, sortearase a camiseta conmemorativa nas redes oficiais de Feiraco, ofrecendo ás persoas afeccionadas a posibilidade de facerse co símbolo desta colaboración.
O director xeral de CLUN, Juan Gallástegui, resaltou que "este dez anos de unión son boa mostra do compromiso que temos desde CLUN co deporte galego e, neste caso, cun club histórico que forma parte da identidade de Galicia".
Pero esta unión vai máis aló, xa que Feiraco mantén o seu patrocinio co Dépor ABANCA e coas Dépor Escolas FEIRACO, reforzando o seu apoio ao fútbol feminino e á formación das novas xeracións.
Novo iogur
Durante o encontro os afeccionados e afeccionadas puideron gozar do novo iogur Feiraco na cantina do recinto de maneira gratuíta coas súas consumicións.
Trátase dun produto que proximamente estará en supermercados e tendas galegas, e co que a marca estende a súa presenza nos produtos lácteos.
Tamén neste partido emitiuse en primicia o anuncio do novo iogur protagonizado por gandeiros e gandeiras da cooperativa que cada día traballan para conseguir o mellor leite Feiraco.
