RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Diego Gómez adestrouse con normalidade co grupo en Abegondo

Diego Gómez foi xa un máis no adestramento do Dépor confirmado o seu regreso esta mesma mañá após estes primeiros meses de competición cedido no CD Arenteiro.

O canteirán, que foi recibido cariñosamente polos seus compañeiros co clásico corredor de labazadas antes de arrincar (na foto da noticia), completou con normalidade unha sesión no campo 3. 

O polivalente centrocampista branquiazul vén con ritmo de competición, posto que no que vai de liga participou co CD Arenteiro en 20 partidos, todos eles de titular, nos que anotou 2 goles (o último a pasada fin de semana en Segovia) e repartiu 3 asistencias.

O corpo técnico dispuxo esta mañá, após uns rondos, un exercicio de finalizacións por grupos.

Escudero está con adestramento personalizado e Charlie Patiño quedou no seu domicilio, afectado dunha infección respiratoria.

Alberto, que coa cesión de Eric Puerto ao Marbella FC pasa a dinámica do primeiro equipo, e Kevin Sánchez foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Os Nosos realizarán mañá venres 24 de xaneiro ás 11:00 en Abegondo a última sesión previa ao encontro deste sábado 25 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR ante o Levante UD (LaLiga TV Hypermotion, M+ e Fútbol 2).