RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Diego Tristán apura a súa recuperación co readaptador físico Carlos Lalín e Lorenzo Buenaventura

Diego Tristán non ten vacacións. Aínda que o dianteiro internacional foise á súa terra, Andalucía, traballa estes días en sesións de mañá e tarde co especialista Lorenzo Buenaventura e co readaptador físico do Deportivo, Carlos Lalín.

O obxectivo que se marcou Diego Tristán é regresar á Coruña este mes en plena forma para comezar a pretemporada e a participación do Deportivo na Copa Intertoto.
O xogador deportivista non puido competir no último mes da liga debido a unha desinserción parcial na porción distal do recto anterior da coxa dereita, sufrida a finais de abril.