RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Diego Villares cualifica o partido ante a Cultural como unha boa reválida

Diego Villares manifestou este mediodía na sala de prensa que o partido ante a Cultural Leonesa este sábado 20 de abril ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV) "pode ser unha boa reválida para o equipo. Foi o último equipo que conseguiu gañarnos. Desde ese día cambiamos un pouquiño o chip e iso pódenos axudar neste partido agora".

Admite que "sempre gusta que ABANCA-RIAZOR estea cheo e ter todo o apoio de #ANOSAFORZA. É unha marabilla e os xogadores notámolo moito".

Ademais lembra que o partido é en "sábado, unha boa hora, esperemos que sexa un bo día para todos".

O centrocampista branquiazul prefire non facer contas "de momento. Imos quedarnos co partido deste finde. Cando teñamos que facelas, xa as faremos ao seu debido tempo".

Villares lembra sobre a sanción por acumulación de amoestacións a Yeremay que "somos bastantes os apercibidos e un día ou outro a algún lle ía a tocar caer. Tocou a 'Yere' este finde. Esperemos non perdernos moitos o mesmo partido". "Persoalmente no partido non me fixo e nin che acordas. Igual un momento puntual co partido parado podes acordarche diso pero no transcurso do partido para nada", apostila.

Finalmente, ve a Lucas "adestrando ao mesmo nivel que o resto e esperemos que poida estar ao 100% xa a fin de semana", desexa.