RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

DIGI, presentado como Patrocinador Oficial do RC Deportivo

DIGI, o operador de telecomunicacións da multinacional DIGI Communications, e o RC Deportivo presentaron hoxe no Estadio Abanca-Riazor oficialmente o seu acordo polo que a compañía se converte en Patrocinador Oficial do Club até a temporada 2023-2024.

A través deste acordo, DIGI quere apoiar tanto ao RC Deportivo como a todos os seus afeccionados, un Club histórico co que se identifica por todos os valores compartidos, como o esforzo, a ilusión e o compromiso.

DIGI está moi presente na Coruña, cunha delegación con máis de 100 empregados directos. Ademais, está a despregar a súa rede de fibra propia, Fibra SMART; e é o único operador que ofrece na provincia o servizo máis rápido do país a nivel residencial, PRO-DIGI, con velocidades de até 10 Gbps.

A operadora quere mostrar así a súa proximidade e implicación coa afección, do mesmo xeito que o fai cos seus clientes diariamente, escoitándolles para dar resposta ás súas necesidades e seguir mellorando.

Coa presenza dos xogadores do primeiro equipo, Víctor Narro e Isi Gómez no acto de presentación, o Chief Commercial Officer de DIGI, Ángel Álvarez, destacou: “Estamos moi orgullosos de poder apoiar a este Club tan recoñecido e con tanta historia co que estamos encantados de poder colaborar e co que estamos seguros de que conseguiremos moitos éxitos xuntos”.

Pola súa banda, o presidente do Club, Antonio Couceiro, mostrouse moi satisfeito por este acordo: “DIGI é unha compañía en continuo crecemento, que fai unha clara aposta pola zona, e coa que iremos da man para seguir logrando obxectivos”.