RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAFORZA

Dispoñibles desde as 00:01 deste mércores as entradas de público para o Teresa Herrera á vez que as entradas de invitación para os socios

Ás 00:01 deste mércores 6 de agosto estarán dispoñibles en https://bancada.rcdeportivo.es/ as entradas de público á vez que as invitacións (indispensables) para os socios para os partidos da LXXIX edición do Trofeo Teresa Herrera masculino e da XII edición feminina.

As persoas socias do RC Deportivo deberán retirar a súa invitación para cada un dos dous días correspondente á súa bancada de abonado, que non ten por que corresponderse co seu asento do resto da temporada.

Para iso debe acceder co seu ID de socio e o seu pin, que está formada polos 4 últimos díxitos do seu DNI. A partir de aí seleccionar asento e retirar a súa entrada gratuíta.

Ademais, no transcurso do torneo, no momento no que o afeccionado salga de ABANCA-RIAZOR xa non poderá volver entrar ao estadio.

Para o público, os prezos oscilan entre os 20 euros de Tribuna e Preferencia; e os 15 euros de Marathón Superior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior.

A bancada de Marathón Inferior non sairá á venda online. Os abonados desa bancada que non retirasen a súa invitación poderán retiralo presencialmente no Palacio dos Deportes.

Unicamente poderán comprar entradas de Marathón Inferior presencialmente no Palacio dos Deportes os abonados desa bancada presentando DNI ou abono dixital.

Tamén están dispoñibles asentos na Tribuna Inferior VIP.

Horario dos despachos de billetes do Palacio dos Deportes

Este mércores 7 de agosto, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00, permanecerá aberta o despacho de billetes do Palacio dos Deportes para atender incidencias e para retirar invitacións para o Trofeo Teresa Herrera.

Pola súa banda, na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) seguirase atendendo no seu horario habitual cambios de localidade e de modalidade de abonos.

Os días do Trofeo Teresa Herrera os horarios dos despachos de billetes do Palacio dos Deportes son os seguintes:

-Venres 9 de agosto: Desde as 16.00 até as 21.15 h.

-Sábado 10 de agosto: Desde as 14.00 até as 22.00 h.