RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Djalminha despídese da afección

Djalma Feitoza Dias compareceu ante os medios de comuncicación tras o encontro ante o Betis. O xogador, que militará cedido no Austria de Viena, afirmou que tomar a decisión de deixar a cidade herculina "non foi fácil, pero teño que pensar no mellor para

Djalminha, que antes do encontro se despediu dos seus compañeiros, mostrouse agradecido co Club, coa afección e coa prensa coruñesa, aínda que con esta última matizou en ton de broma "máis ou menos". O xogador mostrouse ilusionado coa súa nova etapa, en "un país que non coñezo moito, un club máis pequeno que o Deportivo" pero asumiu o reto "apostaron forte por min" e engadiu "ademais, cando eu cheguei o Deportivo tamén era máis pequeno, conseguiu varios títulos desde entón. Cando eu cheguei había moita menos prensa nas roldas de prensa, e mirade agora, agora é un dos grandes".

En canto a se o adios é definitivo ou só un ata logo, Djalma afirmou "eu cando acepto irme é porque quero facelo o mellor posible e se o fago ben, seguro que quedarei alí".
Sorte Djalma!