Augusto César Lendoiro confirmou esta tarde que nas últimas horas o Deportivo chegou a un acordo con Stojadinovic, representante do xogador Goran Djorovic, polo que o xa ex céltico militará no Deportivo durante o próximos catro anos.
O presidente deportivista agradeceu as facilidades de todas as partes nesta incorporación e lembrou que con isto "esperamos que quede perfilada o persoal". Ademais Augusto César Lendoiro engadiu que Djorovic é unha petición de Irureta e que o Club fixo un esforzo por fichalo.
Djorovic, de 29 anos, pasará o recoñecemento médico cando se incorpore co persoal ao redor do día 23.
Por outra banda, Augusto César Lendoiro confirmou que hai múltiples peticións no Club por distintos xogadores. Ademais, engadiu que Hadgi será traspasado do Coventry ao Aston Vila e que por esa operación o Deportivo podería percibir entre 250.000 e un millón de dólares.