Os amigables do Xuvenil B (na foto principal da noticia) e Infantil ante a selección galega sub-16 e sub-14 respectivamente, este mércores 21 de xaneiro no Dépor Training Center, abren unha semana máis de competición en ANOSACANTEIRA.
Este xoves 22 xogan os alevíns e os benxamíns no Dépor Training Center o seu partido correspondente á xornada da fin de semana en Primera Futgal A Coruña de fútbol 8.
O Fabril FC Benxamín mídese ao Benxamín A ás 19:00 no campo de herba sintética e o Fabril FC Alevín ao Alevín A a partir das 20:15.
En ambas as categorías mandan os conxuntos branquiazuis ante os fabrilistas, que tamén marchan no grupo de cabeza.
Para o venres 23 ás 20:00 no campo das Cancelas queda a visita do Cadete, líder da División de Honra, á SD Compostela.
En canto ao fin de semana, o Fabril recibe o sábado 24 de xaneiro ás 17:00 (YouToube RC Deportivo) á UD Sámano no campo Arsenio Iglesias.
Os fabrilistas veñen de empatar sen goles en Langreo un partido no que sufriron até 8 baixas: Bil, Noé, Damián Canedo, Dipanda, Íker Vidal, Hugo Torres, Fabi e Malick.
Con todo iso, Manuel Pablo fixo debutar a un xuvenil, o defensa coruñés Xabi Campos.
Pola súa banda, a UD Sámano é pechacancelas da categoría con 11 puntos.
O Club activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.
Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade.
O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
Completan a xornada do sábado 24 o partido do Xuvenil B ante o CD Boiro no Dépor Training Center a partir das 11:30 e o do San Tirso SD Infantil no Monte fronte ao Arosa SC ás 11:45.
Fóra de casa, o San Tirso SD Cadete xoga en Ourense ante o Pabellón CF (12:15) e o Infantil en Santiago ante o CD Conxo Santiago (13:00).
Finalmente o domingo 25 o Xuvenil A, pechado o seu pase a oitavos de final da Copa del Rey a pasada semana ao derrotar ao Sporting Hortaleza, regresa á liga coa visita ao Racing de Ferrol, ás 12:00 no campo de O Pote en Fene (Maniños).
Os branquiazuis abren a táboa e os racinguistas, péchana.
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
20ª xornada: FABRIL - UD SÁMANO, o sábado 24 de xaneiro ás 17:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación: 1. Oviedo Vetusta, 39 puntos; 2. Fabril, 38 puntos; 3. Ximnástica Segoviana CF, 35 puntos... 18. UD Sámano, 11 puntos
Categoría xuvenil
17ª xornada: RACING DE FERROL - XUVENIL A, o domingo 25 de xaneiro ás 12:00 no campo de O Pote (Fene)
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 37 puntos; 2. RC Celta, 36 puntos... 16. Racing de Ferrol, 8 puntos
Amigable: XUVENIL B - SELECCIÓN GALEGA SUB-16, o mércores 21 de xaneiro ás 19:00 no Dépor Training Center (campo de herba sintética)
19ª xornada: XUVENIL B - CD BOIRO, o sábado 24 de xaneiro ás 11:30 no Dépor Training Center
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 52 puntos; 2. Xuvenil B, 47 puntos; 3. CD Choco e Coruxo FC, 38 puntos... 12. CD Boiro, 19 puntos...
Categoría cadete
16ª xornada: SD COMPOSTELA - CADETE, o venres 23 de xaneiro ás 20:00 en As Cancelas (Santiago)
16ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 24 de xaneiro ás 12:15 en Os Remedios (campo Miguel Anxo)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 43 puntos; 2. RC Celta, 39 puntos... 5. Arosa SC, 25 puntos; 6. San Tirso SD Cadete, 24 puntos; 7. Ural Español CF, 22 puntos; 8. Pabellón Ourense CF, 21 puntos; 9. SD Compostela, 20 puntos...
Categoría infantil
Amigable: INFANTIL - SELECCIÓN GALEGA SUB-14, o mércores 21 de xaneiro ás 17:00 no Dépor Training Center (campo de herba sintética)
16ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - INFANTIL, o sábado 24 de xaneiro ás 13:00 no campo da Merced (Santiago)
16ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - AROSA SC, o sábado 24 de xaneiro ás 11:45 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 45 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 39 puntos; 3. RC Celta, 36 puntos; 4. San Tirso SD Infantil, 27 puntos; 5. CD Conxo Santiago, 26 puntos...
Categoría alevín
16ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - ALEVÍN A, o xoves 22 de xaneiro ás 20:15 no Dépor Training Center (campo de herba sintética)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A, 40 puntos; 2. Fabril FC Alevín, 39 puntos, 3. Atlético Coruña Montañeros CF e Victoria CF, 37 puntos...
Categoría benxamín
16ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - BENXAMÍN A, o xoves 22 de xaneiro ás 19:00 no Dépor Training Center (campo de herba sintética)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 45 puntos; 2. CD Calasanz, 38 puntos; 3. ED Luis Calvo Sanz, 35 puntos; 4. Fabril FC Benxamín e Atlético Coruña Montañeros CF, 33 puntos; 6. Ural Español CF, 31 puntos...
