RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Dobre triunfo cadete hoxe venres e calendario da fin de semana, con protagonismo para alevíns e benxamíns

Hoxe venres 19 adiantáronse os partidos dos equipos cadetes en Abegondo, xa cos obxectivos cumpridos esta temporada na División de Honra: O Dépor, xa campión, venceu ao Bergantiños CF (4-0) e despois recibiu o trofeo de ganador da competición, e o San Tirso SD Cadete, en plena ascensión na táboa, ao Racing de Ferrol (3-2).

Mañá sábado 20, o Orzán SD Cadete Feminino visita ao UD Mos (11:00, As Baloutas) no partido de ida da gran final da Liga Galega. As orzanistas acabaron líderes a Fase polo Título, cun punto de vantaxe sobre as viguesas.

Na Coruña, o Orzán SD Infantil Feminino recibe ás 12:00 no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma) ao Atlético Arousana en partido da Fase polo Título da Liga Galega.

Ademais, Alevín A, Fabril FC Alevín e Benxamín A participan na Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8 en Xove (Lugo).

O Alevín A quedou emparellado no seu grupo con CD Lugo, Cidade de Ribeira CF, SD Fisterra e Ural Español CF.

E o Fabril FC Alevín ten como rivais ao SCDR Narón Freixo, ED Xuventude de Oroso, UD Xove Lago e CD Conxo Santiago.

Pola súa banda, o Benxamín A quedou emparellado con CD As Pontes, CD Calasanz, Escola Estrada FB e Cabana SD.

Para as dúas categorías, o formato de competición é de liga a unha soa volta. Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais e os finalistas pasarán á Fase Final do Campionato Galego do domingo 21 na Madroa (Vigo).

E en ABANCA-RIAZOR pola tarde, após ser aprazado polo falecemento de Arsenio Iglesias, o Fabril celebrará con todo o Deportivismo o seu éxito nos prolegómenos do Dépor-Alxeciras CF: lograr hai unhas semanas o título de campión de Tercera Federación e o ascenso directo a Segunda Federación.

Ás 19:15, quince minutos antes do comezo do partido, unha vez os dous equipos concluísen o seu quecemento, o presidente da RFGF, Rafael Louzán, fará entrega, ao capitán do Fabril e a todo o cadro, do trofeo que os acredita como campións da categoría e que vén acompañado co premio do salto de categoría para o filial branquiazul.

Por iso o Club anima e convida a todos os Deportivistas que dispoñen de carné ou entrada para o partido que accedan antes das 19:06 h. ao Estadio para poder homenaxear como se merece a este Fabril campión.

Para o domingo quedan dúas citas importantes. O Xuvenil B visita ao CD Calasanz (12:00, San Pedro de Visma 1) na penúltima xornada da Liga Nacional.

Os pupilos de Miguel Figueira son líderes con 2 puntos de vantaxe sobre o RC Celta B.

E en Abegondo (12:30), o Infantil buscará un posto na final da División de Honra no partido de volta de semifinais ante o ED Val Miñor Nigrán. Na ida disputada na localidade viguesa, celebrada o pasado domingo, gañaron os branquiazuis (3-5).

Ademais, o San Tirso SD Infantil compite mañá sábado 20 en Cenlle (Ourense) na I edición do Torneo Caldaria; e o Fabril FC Benxamín, que o sábado finaliza en Arteixo o subgrupo C3 do Torneo Delegación como campión, xoga o domingo o Torneo Internacional Congalsa na Fieiteira (Ribeira) a beneficio da Fundación Aladina.

Catro equipos abriron o calendario de partidos desta semana en #ANOSACANTEIRA.

O Alevín impúxose ao Victoria CF (0-9) o martes 16 en encontro correspondente á 12ª xornada no subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Os branquiazuis, con 33 puntos de 33 posibles, son líderes destacados do subgrupo.

E o mércores 17, o Orzán SD Xuvenil Feminino, subcampión da Primeira Autonómica, derrotou (0-5) ao Brexo Lema SD nos oitavos de final da Copa da Coruña. O seu próximo rival en cuartos de final, tamén a partido único, será o UD Carral o mércores 24 ás 20:30 no Municipal Borja Rodríguez Ans de Carral.

E os dous equipos benxamíns participaron a un altísimo nivel na XVII edición do Torneo RC Deportivo en Abegondo, nunha gran festa do fútbol galego que se retomou despois de tres anos de ausencia pola pandemia.

Os branquiazuis foron subcampións e os fabrilistas caeron na semifinal co RC Celta, ao cabo campión.

Acabaron a competición Deportivo ABANCA B, Orzán SD Xuvenil Feminino e Orzán SD Cadete B Feminino como subcampións das súas respectivas categorías (Primeira Nacional, Primeira Autonómica e subgrupo 1º de Segunda Autonómica).

No Deportivo ABANCA B Elena Vázquez está concentrada coa selección española sub-17 no campionato de Europa da categoría en Estonia; mentres que a sub-16 levará a Lucía Rivas a un Torneo de Desenvolvemento UEFA en Finlandia que terá lugar do venres 26 ao mércores 31 de maio.

A canteirá deportivista, que acaba de participar esta semana nuns adestramentos en Alacante con este combinado nacional, incorporarase á concentración o martes 23 para viaxar xa ao país nórdico. Os rivais de España son Bélxica, Finlandia e Turquía.

En rolda de prensa hoxe venres, Irene Ferreras quixo mandar "unha mensaxe de parabén ao Dépor ABANCA B porque sufriu esta fin de semana o quedar a 1 punto do ascenso sendo o mellor segundo da categoría nacional. É doloroso para corpo técnico e xogadoras ter que permanecer un ano máis nunha categoría que demostraron que se lles quedou pequena. Pola política de ascensos que ten a competición non conseguiron ese obxectivo que se mereceron".

Así pois, a adestradora do primeiro equipo feminino do Club tamén lles agradece "a colaboración de Kevin (Cabado, adestrador) e de todas as xogadoras que han ir subindo ao longo de toda a temporada. Digo sinceramente que esas xogadoras tiveron unha mellora significativa desde os primeiros meses até estas últimas semanas. E é froito do gran traballo que se fixo".

Irene Ferreras anímaas "a seguir. O fútbol vai de soportar golpes, de seguir. Estou convencida que a temporada que vén vaise a cumprir o obxectivo. Agradecerlles o seu traballo, a súa colaboración e dar o parabén polo temporadón. Non conseguir o obxectivo non mancha o que fixeron ao longo de toda a temporada".

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Clasificación final da Primeira Nacional: 1. Sporting de Gijón, 78 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 77 puntos; 3. Real Avilés CF, 67 puntos...

Clasificación final da Primeira Autonómica: 1. Sárdoma CF B, 73 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Feminino, 67 puntos; 3. CD Lugo, 65 puntos; 4. Bergantiños CF, 62 puntos...

Copa da Coruña, oitavos de final: BREXO LEMA SD 0 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 5 (Sara Cercido -2-, Uxía López, Macarena González e Ivana Fernández)

Clasificación final da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: 1. Atlético San Pedro, 65 puntos; 2. Orzán SD Cadete B Feminino, 64 puntos; 3. Unión Campestre FC, 51 puntos...

Clasificación final da Fase polo Título da Liga Galega cadete: 1. Orzán SD Cadete Feminino, 19 puntos; 2. UD Mos, 18 puntos; 3. Victoria CF, 16 puntos...

Final polo título, ida: UD MOS - ORZÁN SD CADETE FEMININO, o sábado 20 de maio ás 11:00 nas Baloutas

9ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - ATLÉTICO AROUSANA, o sábado 20 de maio ás 12:00 no campo Víctor Fernández Alonso - antiga Leyma (A Coruña)
Clasificación da Fase polo Título da Liga Galega infantil: ... 2. Victoria FC, 11 puntos; 3. SCD Pastoriza e EFF Rosalía, 10 puntos; 5. Atlético Arousana e Orzán SD Infantil Feminino, 7 puntos

Categoría xuvenil
33ª xornada: CD CALASANZ - XUVENIL B, o domingo 21 de maio ás 12:00 en San Pedro de Visma 1 (A Coruña)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 72 puntos; 2. RC Celta B, 70 puntos; 3. CD Choco, 66 puntos... 18. CD Calasanz, 9 puntos

Categoría cadete
36ª xornada: CADETE 4 (Xián -2- e Brian -2-) - BERGANTIÑOS CF 0

36ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 3 (Leandro e Miguel de Labra -2-) - RACING DE FERROL 2

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete (xa campión, un partido máis), 101 puntos; 2. RC Celta, 88 puntos... 8. San Tirso SD Cadete (un partido máis), 54 puntos; 9. Coruxo FC, 52 puntos; 10. Ural Español CF e Pabellón Ourense CF, 51 puntos...

Categoría infantil
Fase polo Campionato da División de Honra, semifinais, volta: INFANTIL - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o domingo 21 de maio ás 12:30 en Abegondo. Na ida: 3-5

I edición do Torneo Internacional Caldaria, na Regueiriña (Cenlle, Ourense)
Sábado 20 de maio
Primeira Fase
10:40: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD LUGO
12:00: UD OURENSE - SAN TIRSO SD INFANTIL
15:20: SAN TIRSO SD INFANTIL - AROSA SC
18:00: UD SANTA MARIÑA - SAN TIRSO SD INFANTIL
20:00: SAN TIRSO SD INFANTIL - SPORTING BRAGA
O primeiro clasificado será o campión do torneo.

Categoría alevín
Fase Intermedia do Campionato Galego, no Municipal de Xove (Lugo)
Sábado 20 de maio
Primeira Fase, grupo A
10:20: CD LUGO - ALEVÍN A
13:50: ALEVÍN A - URAL ESPAÑOL CF
16:35: ALEVÍN A - SD FISTERRA
18:20: CIDADE DE RIBEIRA CF - ALEVÍN A

Primeira Fase, grupo B
9:45: UD XOVE LAGO - FABRIL FC ALEVÍN
11:30: FABRIL FC ALEVÍN - CD NARÓN
16:00: ED XUVENTUDE DE OROSO - FABRIL FC ALEVÍN
17:45: FABRIL FC ALEVÍN - CD CONXO SANTIAGO
Os dous primeiros de cada grupo pasan a semifinais e os finalistas pasarán á Fase Final do Campionato Galego do domingo 21 na Madroa (Vigo).

12ª xornada (martes 16): VICTORIA CF 0 - ALEVÍN 9 (Mario González -3-, Nico Torres -3-, Leo Sánchez, Hugo Caridad e Iker Casuso)
Clasificación do Torneo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte: 1. Alevín (un partido máis), 33 puntos; 2. CD Lugo e CD Calasanz, 24 puntos...

Categoría benxamín
XVII Torneo RC Deportivo, en Abegondo
Mércores 17 de maio
Primeira Fase, grupo 18
BENXAMÍN A 9 (Hugo Quintela -3-, Miguel Candal, Xiao Fontao e Pablo Márquez) - ATLÉTICO CUNTIS B 0
BENXAMÍN A 12 (Miguel Candal -3-, Hugo Quintela -2-, Alejandro Astray -2-, Thiago López, Mateo Carballeira e Nacho Villanueva -3-) - UDJ ALMEIRAS B 0
BENXAMÍN A 5 (Miguel Candal -2-, Alejandro Astray -2- e Nacho Villanueva) - USD O GROVE 1

Primeira Fase, grupo 9
FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Leo Lorenzo -2-, Mateo Songo'o -2-, Andrés Valencia, Ares Navarro, Saúl Cancela e Yago Prieto) - BETANZOS CF B 0
FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Ares Navarro, Mateo Songo'o, Mateo Cardelle e Alberto Novo) - URAL ESPAÑOL CF C 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Alberto Novo e Saúl Cancela) - CP ESCLAVAS A 0

Dezaseisavos de final
BENXAMÍN A 3 (Nacho Villanueva -2- e Alejandro Astray) - SANTA CRUZ CF 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Lorenzo e Alberto Novo) - OZA JUVENIL SD 0

Oitavos de final
BENXAMÍN A 3 (Pablo Márquez, Mateo Carballeira e Miguel Candal) - CD AS PONTES 0
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Mateo Songo'o) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 2 (Nacho Villanueva e Thiago López) - RÁPIDO DE BOUZAS 1
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - VICTORIA CF 0. A penaltis: 3-2

Semifinais
BENXAMÍN A 2 (Miguel Candal e Nacho Villanueva) - URAL ESPAÑOL CF 0
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - RC CELTA 4

Final
BENXAMÍN 0 - RC CELTA 1

Fase Intermedia do Campionato Galego no Municipal de Xove (Lugo)
Sábado 20 de maio
Primeira Fase, grupo A
10:55: BENXAMÍN A - ESCOLA ESTRADA FB
12:40: CD AS PONTES - BENXAMÍN A
14:25: BENXAMÍN A - CD CALASANZ
17:10: CABANA SD - BENXAMÍN A
Os dous primeiros de cada grupo pasan a semifinais e os finalistas pasarán á Fase Final do Campionato Galego do domingo 21 na Madroa (Vigo).

6ª xornada (última): ATLÉTICO ARTEIXO - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 20 de maio ás 11:45 en Ponte dos Brozos
Clasificación do Torneo Delegación, subgrupo C3: 1. Fabril FC Benxamín (xa campión), 18 puntos; 2. San Tirso SD, 11 puntos; 3. Oza Juvenil SD, 7 puntos; 4. Atlético Arteixo, 0 puntos

Torneo Internacional Congalsa, na Fieiteira (Ribeira)
Domingo 21 de maio
Primeira Fase
9:23: FABRIL FC BENXAMÍN - CD PARQUESOL
12:50: FABRIL FC BENXAMÍN - GONDOMAR
13:59: FABRIL FC BENXAMÍN - CARREIRA
Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, a partir das 15:54