RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Dobre vitoria dos benxamíns hoxe martes e calendario de mañá, con cita para Dépor ABANCA B e Orzán SD Cadete Femenino

#ANOSACANTEIRA iniciou hoxe unha mini xornada entre semana aproveitando o festivo de mañá mércores 6 de decembro.

O Dépor ABANCA B disputa precisamente mañá na localidade coruñesa de Cabana de Bergantiños un torneo benéfico contra o cancro baixo a modalidade de 'tres nun'. As rivais das branquiazuis serán o Bergantiños CF e unha selección da Costa da Morte.

A internacional deportivista Elena Vázquez (na foto da noticia), natural de Carballo, será a encargada de facer o saque de honra.

Óscar Orro, técnico do filial, citou ás seguintes xogadoras: María Calvo, Celia Sousa, Andrea Ansede, Sara Cercido e Macarena González; ademais de Paula Bermúdez, Daniela Basalo, Nadia Longueira, Iria Otero, Mica Baratelli, Dunia Dahmouni, Ivana Fernández e Noe Gómez, xuvenís do Orzán SD; e Antía Veiga, Candela Fernández e Yanis Citoula, cadetes do Orzán SD.

Esta tarde gañaron os seus partidos os dous equipos benxamíns, ambos en Abegondo. Os dous conxuntos lideran os seus respectivos subgrupos na Primera A Coruña de fútbol 8.

Mañá mércores, o Orzán SD Cadete Femenino enfróntase á SCD Pastoriza en partido correspondente á 7ª xornada da Liga Galega que foi aprazado o pasado 1 de novembro polo temporal.

Finalmente hoxe as xogadoras do Dépor ABANCA B Elena Vázquez, Lucía Rivas e Sara Cercido; ademais de Laura Santos e Noelia Mayo, do Orzán SD Xuvenil, participaron nun adestramento da selección galega sub-17 no campo da Braña (Rois).

O xoves 7 a quenda será para a selección galega sub-15, neste caso a partir das 11:30 en idéntico escenario; e coas orzanistas Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo convocadas.

O calendario de partidos deste principio de semana, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Mércores 6 de decembro
Torneo benéfico contra o cancro no campo das Redondas (Cabana de Bergantiños)
16:00: DEPORTIVO ABANCA B - BERGANTIÑOS CF
18:00: SELECCIÓN DA COSTA DA MORTE - DEPORTIVO ABANCA B

Liga Galega, subgrupo 1º, 7ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO - SCD PASTORIZA, mañá mércores 6 de decembro ás 12:00 na Torre (campo 2)

Categoría benxamín
Primera A Coruña, subgrupo 1º, 8ª xornada: BENXAMÍN A 8 (Alberto Novo -3-, Mateo Songo'o -2-, Alex Casado, Leo Lorenzo e Antón Fernández) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0

Primera A Coruña, subgrupo 2º, 8ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Joel Losada -2- e Martín Martelo) - UD CARRAL 0