RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL FC

Dobrete decisivo de Nico Castro para o Fabril FC Benxamín na súa visita ao Santa Cruz CF

Dous goles de Nico Castro (na foto na fila de arriba o segundo empezando pola dereita) deron a vitoria ao Fabril FC Benxamín na súa visita a Santa Cruz CF (1-2), en partido correspondente á 4ª xornada no subgrupo 2º de Primera A Coruña de fútbol 8.

O encontro foi moi disputado e calquera dos dous equipos puido alcanzar o triunfo.

Con este resultado, o conxunto que prepara Alberto Bonigno suma 9 puntos, situado na 2ª posición da táboa despois do Sporting Cambre, líder con 10 puntos aínda que cun partido máis.

Fabril FC Benxamín: Samuel Cebey, Leo Barro, Joel Losada, David Santiago, Martín Coronel, César Leira, Pablo Couso e Leo Galván. Tamén xogaron: Gael Fernández, Martín Martelo e Nico Castro.

Os resultados do Fabril FC Benxamín en liga son os seguintes:

Fabril FC Benxamín 7 (Joel Losada -3-, Martín Coronel, Nico Castro, Martín Martelo e Leo Galván) - Sada CF 0
San Tirso SD 0 - Fabril FC Benxamín 2 (Joel Losada e Martín Coronel)
Fabril FC Benxamín - Sporting Cambre, suspendido
Santa Cruz CF 1 - Fabril FC Benxamín 2 (Nico Castro -2-)