RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Dominio total de principio a fin do Deportivo ABANCA B sobre o Real Oviedo B

O Deportivo ABANCA B dominou de principio a fin o seu partido en Abegondo ante o Real Oviedo B (11-0), correspondente á 28ª xornada na Tercera Federación.

Laura Otero -2-, Michi Apóstol -5-, Paula Monteagudo, Marta Rico, Laura Ruiz e Dunia Dahmouni foron as goleadoras branquiazuis nun partido sen historia.

A internacional venezolana Michi Apóstol suma 21 goles e sitúase na segunda posición do pichichi a 5 tantos da cabeza do ranking.

Con este resultado, e a falta de 2 xornadas, o equipo de Óscar Orro suma 73 puntos por 72 do Olímpico de Léon.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Paula Martínez, Laura Ruiz, Emma Gandoy, Carmen Carballada, Lucía Mariño, Marta Rico, Paula Monteagudo, Vázquez, Michi Apostol e Laura Otero. Tamén xogaron: Yanis Citoula, Daniela Macedo, Laura Santos e Dunia Dahmouni

O vindeiro domingo 27 de abril ás 12:00 o Dépor ABANCA B visita ao CD Bovedana mentres que o Olímpico de Léon ao RC Celta na Madroa na penúltima xornada.

Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:

CD Villa de Simancas 2 - Dépor ABANCA B 2 (Laura Ruiz e Lucía Mariño)
Dépor ABANCA B 3 (Michi Apóstol, Dunia Dahmouni e Paula Novo) - Victoria FC 0
Sárdoma CF 0 - Dépor ABANCA B 2 (Carmen Carballada e Laura Otero)
Dépor ABANCA B 1 (Paula Monteagudo) - CD Lugo 0
Sporting de Gijón B 0 - Dépor ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Paula Novo)
Deportivo ABANCA B 14 (Laura Otero -3-, Michi Apóstol -2-, Paula Monteagudo -5-, Anfal El Yamani, Laura Santos, Laura Ruiz e unha futbolista rival en propia meta) - CD Romanón 0
Olímpico de León 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Michi Apóstol -2-, Laura Santos e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 1 (Anfal El Yamani) - RC Celta 1
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA 12 (Anfal El Yamani -6-, Noe Mayo, Paula Novo -2-, Dunia Dahmouni -2- e Ana Capelo) - Bergantiños CF 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 4 (Michi Apóstol, Anfal El Yamani e Paula Monteagudo -2-) - PM Friol 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Paula Monteagudo -3- e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 6 (Paula Monteagudo -2-, Laura Otero -2-, Michi Apóstol e Noe Mayo) - CD Bovedana 0
CD Parquesol 0 - Deportivo ABANCA B 9 (Michi Apóstol -2-, Sara Cercido, Paula Novo -2-, Elena Vázquez, Ana Capelo, Redru e Yanís Citoula)
Deportivo ABANCA B 3 (Michi Apóstol -2- e Laura Otero) - CD Villa de Simancas 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Paula Novo, Anfal El Yamani e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA B 2 (Laura Otero e Vázquez) - Sárdoma CF 1
CD Lugo 0 -  Deportivo ABANCA B 1 (Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 8 (Michi Apóstol, Anfal El Yamani -3-, Lucía Mariño -2-, Laura Otero e Yanis Citoula) - Sporting de Gijón B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Olímpico de León 1
RC Celta 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Laura Otero e Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero e Michi Apóstol -2-) - Victoria CF 0
Bergantiños CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Elena Vázquez)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo -2- e Lucía Mariño) - Lóstrego CF 0
PM Friol 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Michi Apóstol e Lucía Mariño)
Deportivo ABANCA B 11 (Laura Otero -2-, Michi Apóstol -5-, Paula Monteagudo, Marta Rico, Laura Ruiz e Dunia Dahmouni) - Real Oviedo B 0