RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Donato, un ano máis branquiazul

Donato Gama dá Silva chegou a un acordo verbal co Real Club Deportivo da Coruña para a súa renovación co equipo herculino durante un ano máis. O xogador, cuxo contrato expiraba o próximo mes de xuño, estará vinculado ao Deportivo ata o verán do 2001.

Tanto o xogador como o Club están satisfeitos co acordo tras "unha das negociacións máis rápidas que lembro" en palabras do propio Donato.

O técnico branquiazul había dado o visto e prace á renovación do xogador hai algún tempo e, a falta da firma definitiva, o xogador será branquiazul polo menos ata dentro dun ano.

Donato, que chegou ao Deportivo en 1993 procedente do Atlético de Madrid, ten 37 anos. Aínda que ao principio da presente tempada custoulle facerse un oco no equipo titular, é compoñente do once inicial deportivista desde a xornada 8 da presente campaña.