RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Dous fallos arbitrais determinan a derrota do Dépor ABANCA

Un gol ao rexeite dun córner inexistente e con posible falta a Inês e outro tanto en fóra de xogo posicional provocan a derrota do Dépor ABANCA fronte ao Levante UD (2-1). 

Fran Alonso sente "decepcionado" co resultado xa que cre que "fixemos méritos para máis". Con todo, "non hai moito do que me poida queixar sobre a actitude do equipo".

As Nosas, a pesar de dominar a posesión nos primeiros compases de encontro, viron como no minuto 11 adiantáronse as locais ao rexeite dun córner inexistente, por mediación de Eva Alonso e após unha posible falta de Lahmari sobre Inês.

Cunha desvantaxe inicial por remontar, o cadro de Fran Alonso non cedeu. Practicamente dous minutos despois, Bárbara rematou de primeiras no corazón da área un centro desde banda dereita de Ainhoa para volver pór as táboas no marcador, 1-1.

De novo co empate, o enfrontamento seguiu a tónica inicial: dominio da posesión branquiazul con contras locais en busca de Chacón. No 26, a propia Chacón puxo un bo balón na área a Ana Franco, que viu o seu disparo bloqueado por Raquel.

Olaya probouse desde moi lonxe á media hora de partido e o bote pronto complicou a atallada a Tarazona. Pouco despois, Samara cazou un balón escorado na área, que enganchou de primeiras alto.

No 42, Bárbara protagonizou unha carreira de 40 metros para servir un pase da morte a Millene, que non puido aproveitar e mandou ao traveseiro no que foi a última gran ocasión da primeira metade. Após dous minutos de engadido, o partido foise con empate a un ao ecuador.

Á volta de vestiarios, Carbonell fíxose cun rebote na área pequena e o disparo, con fóra de xogo posicional de Ana Franco, volveu dar a vantaxe ás levantinas, 2-1.

O gol non veu ben a un Dépor ABANCA que non se sentía co mesmo dominio que na primeira metade.

Fran Alonso comezou a axitar a árbore e substituíu a Paula por Bennett, buscando altura e remate de cara a empatar a contenda. As coruñesas envorcáronse máis en ataque, pero a zaga levantina atopábase ben plantada na súa área.

Elena, Eva e ADT tamén ingresaron ao terreo en busca de puntuar, pero os numerosos centros á área non conseguían atravesar a zaga local.

Finalmente, o Dépor ABANCA non puido anotar un segundo gol e márchase de Valencia cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha.

Levante UD: Tarazona, Teresa, Ronsel, Molina, Eva Alonso, P. Fernández, Ana Franco, Eslamiada, Lahmari, Alharilla, Chacón.

Dépor ABANCA:  Inês, S. Ortiz, Vera, Paula G. (Bennett, min. 74), Millene (ADT, min. 83), Ainhoa (Hmírová, min. 90+1), Olaya, Raquel, Bárbara ( Eva Dios, min. 82), Lucía, Paula Novo (Elena, min. 82).

Árbitra: Lorena do Mar Trujillano Gallardo, do comité andaluz, amoestou ás visitantes Inês e Paula e ás locais Teresa, M. Molina e Tarazona  

Goles (2-1): Eva Alonso 1-0, min. 11; Bárbara 1-1, min. 14; Carbonell 2-1, min. 49

Incidencias: Partido correspondente á xornada 26 da liga F, disputado na Cidade Deportiva Levante UD.