RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Dous goles de Jona dan o pase ao Fabril en Cópaa Federación

Dous goles do dianteiro fabrilista Jona esta noite en San Lázaro fronte ao Campus Stellae (antigo Compostela) deron o pase ao filial deportivista (0-2) ás semifinais da Copa Federación.

Fabril: Edu, Seoane, Stopira, Vieytes, Insua, Héctor, Vea, Richi, Jona, Luís Angel e Joshua. Tamén xogaron: Raúl, Juan Carlos e Fran.
 
A semifinal, tamén a partido único, disputarase na Malata fronte ao Racing de Ferrol o 29 de setembro ou o 6 de outubro, a determinar por ambos os clubs.
 
Antes, concretamente este sábado 18 de setembro, o Fabril recibirá ao Badaxoz no Mundo do Fútbol en partido de Liga de Segunda División B.