RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Duacode, novo patrocinador do Dépor ABANCA e do Dépor Genuine

Duacode, empresa de desenvolvemento de software a medida que durante as últimas temporadas vén colaborando co Club na maior parte dos procesos de dixitalización para optimizar as relacións e comunicacións co Deportivismo, dá un paso máis adiante na súa decidido aposta por apoiar ao RC Deportivo ao converterse en novo patrocinador de dous dos principais equipos do Club.

Deste xeito, e desde esta fin de semana co comezo da competición en Primera Federación FutFem, Duacode aparecerá sobre o nome de todas e cada unha das xogadoras do Dépor ABANCA, converténdose deste xeito en novo patrocinador das Nosas. Do mesmo xeito, Duacode aparecerá como patrocinador do principal programa da Fundación RC Deportivo, o Dépor Genuine, tamén completando a parte superior das costas das camisetas de xogo.

Todo o cadro das Nosas e unha representación do Dépor Genuine, con Carmen e Álex, recibiron de mans de Álvaro Enriquez, CEO de Duacode, as súas novas camisetas: "É un pracer para Duacode patrocinar aos dous equipos e esperamos que moitas empresas se poidan sumar a apoiar ao fútbol feminino e a calquera acción que tanto RC Deportivo como a súa Fundación poidan levar a cabo", manifestou após o acto.