RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Dunia Dahmouni arrinca mañá xoves con Marrocos sub-20 o torneo Pink Ladies Youth Team en Turquía

Dunia Dahmouni disputa desde mañá xoves coa selección de Marrocos sub-20 o torneo Pink Ladies Cup Youth Team que se xoga en Turquía até o próximo 27 de febreiro.

O primeiro rival da canteirá deportivista será precisamente o equipo anfitrión, Turquía, ás 15:00 hora local (13:00 hora galega).

Os outros dous opoñentes das marroquís son Eslovenia e Romanía.

O calendario do torneo para Marrocos é o seguinte:

Xoves 20 de febreiro
15:00 (hora local, 13:00 hora galega): MARROCOS - TURQUÍA

Domingo 23 de febreiro
15:00 (hora local, 13:00 hora galega): MARROCOS - ESLOVENIA

Mércores 26 de febreiro
11:00 (hora local, 9:00 hora galega): MARROCOS - ROMANÍA

Dunia Dahmouni, que xoga de dianteira, participou esta temporada en 12 partidos, 2 deles titular, co Deportivo ABANCA B en Tercera Federación, nos que anotou 3 goles.