Dunia Dahmouni, convocada pola selección de Marrocos sub-20 para disputar un torneo en Turquía
Dunia Dahmouni Lamouajed (21 de marzo de 2007, A Coruña) disputará coa selección de Marrocos sub-20 o torneo Pink Ladie Cup Youth Team que se xogará en Turquía, do 17 ao 27 de febreiro.
Os rivais da canteirá deportivista serán Turquía, Eslovenia e Romanía.
O calendario do torneo para Marrocos é o seguinte:
Xoves 20 de febreiro 15:00 (hora local, 13:00 hora galega): MARROCOS - TURQUÍA
Domingo 23 de febreiro 15:00 (hora local, 13:00 hora galega): MARROCOS - ESLOVENIA
Mércores 26 de febreiro 11:00 (hora local, 9:00 hora galega): MARROCOS - ROMANÍA
Dunia Dahmouni, que xoga de dianteira, participou esta temporada en 10 partidos, 2 deles titular, co Deportivo ABANCA B, nos que anotou 2 goles.