RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Dunia Dahmouni recibe unha nova chamada da selección Marrocos sub-20

Dunia Dahmouni Lamouajed (21 de marzo de 2007, A Coruña) recibiu unha nova chamada da selección sub-20 de Marrocos para unha concentración que terá lugar do luns 31 de marzo ao martes 8 de abril no Complexo Mohamed VI en Salé.

Durante esta concentración, están previstos dous partidos amigables aínda por determinar.

A atacante deportivista suma até a data 15 partidos xogados co Dépor ABANCA B, deles 2 de titular, e cun total de 3 goles.

Así mesmo, no Orzán SD Sub-21 de Primera Autonómica xogou no que vai de liga 10 partidos, 9 deles de titular, e marcou 12 goles; por exemplo no partido disputado a pasada fin de semana en Vilagarcía ante o Atlético Arousana (2-3) no que anotou os 3 tantos do seu equipo.