RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O RC Deportivo acepta a petición de Rubén López de irse cedido ao Barça Atlètic

Rubén López (Lamela, Pontevedra, 26 de agosto de 2004) xogará esta temporada 2024-25 cedido no FC Barcelona Atlètic. O RC Deportivo accedeu á petición do xogador, entendendo que a decisión axudará á súa proxección como xogador.

O acordo de cesión recolle unha cláusula de opción de compra voluntaria para o FC Barcelona. Á súa vez, o RC Deportivo se garda unha opción de recompra, outra de tenteo e podería repescar a Rubén no próximo mercado de inverno se non chega a disputar unha determinada porcentaxe de minutos.

O Club considera a Rubén López un prezado valor de futuro e confía en que este paso sirva para continuar o seu proceso de mellora e poida regresar sendo aínda mellor futbolista.