RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Elena Vázquez, deportivista até 2028

Elena Vázquez Brandón (Carballo, A Coruña, 8 de outubro de 2007) asinou a súa renovación co Deportivo ABANCA por catro campañas, até xuño de 2028.

A central ou lateral zurda branquiazul asinou un contrato no que na temporada 2024-25 contará con licenza do filial e dinámica do primeiro equipo. En anos posteriores pasará a ser xogadora do primeiro cadro para todos os efectos, nunha mostra máis do compromiso e da confianza do Club en #ANOSACANTEIRA.

No curso 2022-23, Elena alternou participacións co Orzán SD e o Dépor ABANCA B. A futbolista carballesa proclamouse subcampioa de Europa coa selección española sub-17, pola que foi convocada a pesar de ter só 15 anos. A defensa branquiazul debutou co Deportivo ABANCA nun amigable co Deportivo Alavés Gloriosas disputado o 17 de febreiro de 2023.

Ao comezo da actual campaña converteuse na xogadora máis nova en debutar en partido oficial co Dépor ABANCA, con só 15 anos. Foi no encontro da 1ª xornada en campo do CE Europa (1-2), no que ademais deu a asistencia do tanto da vitoria. Elena completou o curso con 9 aparicións (8 en Liga e 1 en Copa de la Reina), 5 delas como titular, co primeiro equipo, que alternou co filial.

Nas súas dúas campañas co Dépor ABANCA B sumou 33 partidos (28 deles no once inicial), nos que anotou 5 goles e deu 6 asistencias.

A renovación de Elena únese a outras xa confirmadas como as de Paula Gutiérrez, Cris Martínez, Samara, Yohana, Raquel García e Paula Monteagudo, todas elas até xuño de 2026, e Carmen Carballada, até xuño de 2027.

/* Bot imbee */