Elena Vázquez afirmou na sala de prensa do Dépor Training Center que "se están facendo as cousas moi ben coa canteira" á vez que asegura que ante o Real Madrid CF este domingo 1 de febreiro ás 12:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR "temos moita confianza. Sabemos o rival duro que nos espera".
A canteirá lanza un chamamento a #ANOSAFORZA e "desde aquí animar a todo o mundo a que nos veña a ver. Xogamos en ABANCA-RIAZOR, facémonos fortes e esperamos sacar un resultado positivo".
Da goleada en Las Gaunas ante o DUX Logroño da pasada fin de semana sostén que "preparamos moi ben o partido durante toda a semana. Estamos nun bo momento e esa vitoria deunos moitísima confianza. Seguimos escalando na clasificación".
A nivel persoal, a defensa branquiazul está "moi contenta de estar nun club tan grande como o Dépor. Agora a seguir afianzándome no equipo, ter continuidade".
Finalmente Elena Vázquez desexa "seguir crecendo coas miñas compañeiras e xogando o mellor posible".
