RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Elena Vázquez finaliza mañá ante Países Baixos a Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa 

Elena Vázquez finaliza mañá mércores coa selección española sub-17 a Rolda 2 de clasificación para o Europeo que se xoga nos Países Baixos.

Precisamente o rival das españolas será o equipo anfitrión, Países Baixos, ás 19:00 na localidade de Noordwijk.

Até a data a canteirá branquiazul participou nos 2 partidos anteriores, saldados con triunfo do combinado nacional.

O pasado domingo ante Ucraína (2-0) Elena Vázquez arrincou no banco e relevou a Amaya no minuto 72.

O xoves 14 ante Turquía (9-0), o defensor deportivista, que acaba de saír dunha lesión muscular, saltou ao campo no minuto 67 en substitución de Alba Cerrato.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 14 de marzo
ESPAÑA 9 - TURQUÍA 0

Domingo 17 de marzo
ESPAÑA 2 - UCRAÍNA 0

Mércores 20 de marzo
19:00: PAÍSES BAIXOS - ESPAÑA, no Gemeentelijk Sportpark S.J.C, en Noordwijk

Elena Vázquez regresará á Coruña ao longo do xoves 21 de marzo.