RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Elena Vázquez incorporouse hoxe luns á concentración da selección española sub-17 para o Europeo de Estonia

- Foto: @SEFutbolFem -

Elena Vázquez representará a #ANOSACANTEIRA no campionato de Europa sub-17 que se celebra en Estonia.

A defensora deportivista foi convocada pola selección española para a fase final, na que terá como rivais na fase de grupos a Alemaña, Suíza e Estonia.

A defensa carballesa incorporouse hoxe luns 8 de maio á concentración do equipo nacional tralo partido de onte domingo do Deportivo ABANCA B en Abegondo ante o Umia CF correspondente á penúltima xornada en Primeira Nacional no que foi titular.

O desprazamento a Tallin será este xoves 11 de maio para un torneo que ten estas datas na Primeira Fase:

Domingo 14 de maio
13:00: ALEMAÑA - ESPAÑA, no Estadio Kadriorg (Tallin)

Mércores 17 de maio
19:00: ESPAÑA - SUÍZA, no Estadio Lilleküla (Tallin)

Sábado 20 de maio
17:00: ESPAÑA - ESTONIA, no Estadio Lilleküla (Tallin)

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogarán o 23 de maio.

Así pois, Elena Vázquez perderase o último partido de liga do seu equipo, o Deportivo ABANCA B, en Santiago ante o Victoria FC previsto para o domingo 14 de maio ás 12:00. As branquiazuis xóganse o título co Sporting de Gijón.

O pasado mes de marzo en Serbia, a branquiazul xa participou na clasificación de España para esta Fase Final.

En febreiro disputou tamén un amigable ante Estonia celebrado na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) resolto con goleada española (12-0); e o pasado 12 de xaneiro tivo tamén minutos noutro partido de preparación que acabou con triunfo claro fronte a Alemaña (4-0).

En setembro de 2022, Elena Vázquez superou coa selección española sub-17 a Rolda 1 de clasificación, antesala da celebrada recentemente en Serbia.

Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, Elena Vázquez gañouse unha praza de titular no Dépor ABANCA B e xa debutou nun amigable co Dépor ABANCA de Primeira Federación Iberdrola.