RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Empate do Dépor ABANCA B nun accidentado partido ante o líder, o PM Friol

Empate agridoce (2-2) en Abegondo do Deportivo ABANCA B ante o líder da Primeira Nacional, o PM Friol, en partido correspondente á 21ª xornada.

Kevin Cabado, técnico deportivista, puido contar coas xogadoras convocadas co primeiro equipo onte sábado: Nuria Gómez, Elena López 'Cusi', Paula Novo, Paula Monteagudo e Tati.

Precisamente Tati adiantou ao seu equipo nunha accidentada primeira parte, na que Paula Novo e Nuria Gómez tiveron que ser substituídas e precisaron asistencia médica por un choque fortuíto entre ambas as futbolistas branquiazuis.

As lucenses, que comandan a categoría empatadas a puntos co Viajes InterRías FF, lograron darlle a volta ao marcador ante un Dépor ABANCA B que estrelou até tres balóns aos paus.

No desconto, Marta Rico, de falta directa, rescataba un punto máis que merecido para as xogadoras de Kevin Cabado, que pagaron a súa falta de fortuna en ataque.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA B suma 34 puntos na quinta posición.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Lucía Mariño, Paula Novo, Ansede, Mar Sierra, Marta Rico, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Tati, Laura Testa e Noela. Tamén xogaron: Uxía Rabuñal, Abril Pazos, Elena López 'Cusi', Laura Otero e Trillo.

A próxima fin de semana, o Dépor ABANCA B visita ao Oviedo Moderno CF B, un rival directo que marcha na cuarta praza con 36 puntos.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1
PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero) - Oviedo Moderno CF B 1
Gijón FF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Trillo)
Deportivo ABANCA B 4 (Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico) - Victoria FC 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 7 (Tati -3-, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Uxía Cabada e María Calvo) - Umia CF 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías FF 2
Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Carmen Carballada, Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B - CF Versalles, o sábado 19 de marzo ás 16:15 en Abegondo
CD Olímpico de León - Deportivo ABANCA B, o mércores 13 de abril ás 17:00
SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Paula Monteagudo -2-, Laura Otero, Trillo e Marta Méndez)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 0
Sárdoma CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 2 (Tati e Marta Rico) - PM Friol 2