O Deportivo podería contar en breve cunha pena deportivista en Cuba. Egil
Ramírez, un afeccionado ao Deportivo que se comunica por correo electrónico
habitualmente co club, solicitou os estatutos necesarios para darse de alta
como agrupación deportivis
A súa idea, di Egil Ramírez, "impresionou por centos e centos de amigos
de todas partes de Cuba. Nestes días comunícome con colegas de varias
provincias do país para levar a cabo a idea", continúa Egil Ramírez,
fervente seguidor cada fin de semana dos resultados do equipo, a pesar da
distancia.
O club mandaralle en breve por correo postal os estatutos e espérase que
en breve poderá ser formalizada como nova pena deportivista.
No continente americano, a Deportivo conta con 4 penas en Estados
Unidos (Levanta Depor USA, Depornautas, Forza Dépor USA e Riazor Blues USA), 2 en Venezuela
(P.D. Deporsiempre e P.D. Venezuela) e unha en Arxentina (P.D.
Riazor), Australia (P.D. Koala Blue) e Brasil (P.D. Río de Janeiro).