RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ensaio de accións a balón parado nunha mañá de baixa intensidade

Como é habitual dous días antes de cada partido, o Deportivo rebaixou esta mañá en Abegondo a intensidade do adestramento.

Fernando Vázquez aproveitou para ensaiar accións a balón parado, xa de cara ao encontro deste domingo 22 de novembro (17:00 horas, Footters) ante o CD Guijuelo no estadio municipal da citada localidade salmantina.

Un quecemento con rondos e xogos; e fútbol-tenis completaron o traballo sobre o céspede. Os futbolistas pasáronse polo ximnasio e a padiola dos fisioterapeutas para realizar tarefas de recuperación física.

Tiveron adestramento específico Valín, Derik, Juan Rodríguez e Adri Castro, este último no seu domicilio.

Mañá sábado, o Dépor adéstrase ás 10:30 na Cidade Deportiva. Será a última sesión antes de partir ás 15:30 por estrada a Salamanca, cuartel xeral do conxunto branquiazul antes do choque do domingo en Guijuelo.