As dúbidas parecían ser unha preocupación común tanto en Vicente do Bosque como en Arsenio Igrexas. No referente a este último acontecía que Broce Sredojevic tíñao moi difícil para ser aliñado, co cal no partido de ensaio de todos os xoves estaba previsto
O iugoslavo Sredojevic segue no dique seco ARSENIO IGREXAS TEN PREVISTO ENSAIAR HOXE UN NOVO CUARTETO DEFENSIVO
A pesar de que os servizos médicos do club tratan de recuperalo custe o que custe, todo fai indicar que Broce Sredojevic, o líbero deportivista, vai ser dúbida nos plans de Arsenio Igrexas ata última hora. Onte a actividade do iugoslavo, que ten unha escordadura muscular na coxa esquerda, limitouse a recibir ultrasón, repouso e o correspondente tratamento médico. Hoxe o doutor Barbeito Couceiro, que vén seguindo e observando a evolución do xogador (...) tratará de acelerar a súa recuperación.
O resto do persoal acudiu onte pola mañá á Cidade Deportiva Municipal de La Torre, onde José Ángel Franganillo someteu aos xogadores a unha dura e ampla sesión física, con diversas probas e controis, para concluír cunha distendida pachanga, que é o que veñen facendo os deportivistas os mércores cando a xornada ligueira é normal, como nesta ocasión, en que o partido oficial está sinalado para o domingo ao cinco da tarde.
-Novo cuarteto defensivo.
Á vista do estado de Sredojevic, Arsenio Igrexas ten que probar unha nova defensa; un novo cuarteto defensivo, buscando o líbero máis aconsellable entre os homes da defensa, que pode estar entre Antonio, Martín Lasarte e o mesmo Gustavo, aínda que sen descartar a Muíños (...).