A baixa de Gustavo propiciara que na lista para Huelva entrase o defensa canteirán Muíños. Non era a única incorporación á mesma, pois despois da súa lesión, o balcánico Sredojevic tamén ía incluído, aínda que na súa falta figuraba a baixa do dianteiro Ch
A expedición branquiazul emprendeu viaxe en avión para terras andaluzas SREDOJEVIC E A NOVIDADE DE MUÍÑOS COBREN As BAIXAS DE GUSTAVO E HEVIA PARA HUELVA
Desde onte á noite atópase no hotel Tartesos de Huelva a expedición do Deportivo, que saíu do estadio onte ás 18.15, para tomar o voo Santiago-Sevilla, e desde o aeroporto sevillano seguir en autocar ata a capital onubense.
(...) Da última lista caen o sancionado Gustavo e o dianteiro Chus Hevia, para dar entrada ao recuperado Sredojevic e a novidade da presenza do novo defensa Muíños.
Os deportivistas aínda farán noite hoxe en Huelva tras o partido, para retornar mañá en avión e xantar xa na Coruña.
Aínda que Arsenio preferiu onte manter un prudente silencio en canto a pronunciarse por unha aliñación concreta de saída no Colombino, o certo é que pola mañá, na Cidade Deportiva Municipal de La Torre, antes de emprender viaxe, traballou especialmente con este once: Jorge; Cayetano, Sredojevic, Martín Lasarte, Sabín Bilbao; José Ramón, Antonio, Aspiazu, Fran; Gil e Raudnei, que, en realidade, foi a formación que se veu barallando ao longo da semana.
Ademais da volta ao equipo titular do líbero balcánico Sredojevic, tras reporse da súa lesión, non cabe dúbida que a máxima novidade é Cayetano, titular e capitán na pasada tempada, que é a primeira vez que sae inicialmente (...).