RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entrada á venda para o Dépor-Albacete do domingo 20 en Abanca-Riazor

As entradas para o partido da 22ª xornada de LaLiga 1|2|3 no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e o Albacete Balompié están xa á venda.

O encontro dispútase o domingo 20 de xaneiro ás 18:00 horas. Os prezos das entradas oscilan entre os 15 e os 40 euros. Tamén hai entradas para a zona VIP "Área 1906" a 120 euros.

Para adquirir estas localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n), aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O sábado 19, de 10:30 a 13:30 e o domingo, día do partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida pero neste caso xa nos Despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor.

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí