RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda na Coruña desde o mércores para o Castellón-Dépor

O RC Deportivo recibiu este mediodía as entradas que o CD Castellón puxo a disposición do Deportivismo: 262 correspondentes á capacidade da bancada visitante do Estadio de Castalia. Os tickets, en formato físico, do estadio blanquinegro, a un prezo de 25 euros cada un, corresponden ao partido de volta da semifinal do playoff de ascenso a LaLiga que se disputa o vindeiro domingo 11 de xuño ás 18:00 h. (TVG-2 e Insports.tv).

Ao ser en formato físico, as 158 localidades xestionadas polo RC Deportivo venderanse, presencial e exclusivamente a persoas socias do Club, a partir do mércores 7 de xuño ás 10:00 h. na Oficina de Atención ao Deportivismo do Estadio ABANCA-RIAZOR (avenida de La Habana s/n) dentro do seu horario habitual, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. até esgotar localidades.

Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas, unha ou dúas por carné (máximo 4 por persoa física en despacho de billetes), mostre o DNI orixinal (ou copia ou imaxe) de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono. É importante indicar que todas as entradas serán nominais e que todos os Deportivistas deberán presentar no acceso de Castalia o DNI ou Pasaporte facilitado para contrastar coa listaxe de todas as persoas adquerintes.

A Federación de Peñas do RC Deportivo tamén xestionará pola súa conta e para os seus membros unha cota do total, 104 entradas (40%), correspondente por convenio entre ambas as entidades.