RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
GL
PORTADA

Entradas á venda para Deportivistas para o Celta B-Dépor

O RC Celta comunicou ao RC Deportivo a posta a disposición do Deportivismo de 600 localidades de cara ao partido do próximo sábado 24 de setembro ás 18:00 h. en ABANCA-Balaídos. Os Deportivistas disporán desas entradas a un prezo de 20 euros.

Pola alta demanda prevista, o RC Deportivo activa o seu procedemento interno de xestión para axilizar os tempos e trámites de venda das mesmas durante esta semana. Co fin de coñecer a demanda real de entradas, evitar colas e esperas innecesarias se a demanda é maior que a oferta, e poder ordenar do mellor modo posible os procesos de venda, desde hoxe e até mañá martes ás 18:00 h. actívase a web de pre reserva de entradas para o partido.

A solicitude debe realizarse na páxina web: http://reservas.rcdeportivo.es/

Poderán optar a solicitar unha ou dúas entradas todas as persoas socias do RC Deportivo de alta antes do pasado venres, introducindo o seu nome, apelidos, número de abono e ID de socio/a.

Unha vez pechado o prazo de solicitude, e dado que todas as persoas socias que desexen acudir ao partido deberán facilitar un correo electrónico de contacto no momento da petición, por esa mesma vía o Club informará directamente ás interesadas da dispoñibilidade ou non das entradas e do procedemento de identificación de usuarios, retirada e pago das mesmas. As solicitudes para a repartición ordenaranse automaticamente dentro do propio sistema de xestión de reservas por criterio de antigüidade como persoa socia do Club.

Se todo o procedemento interno e entre clubs desenvólvese con normalidade, a previsión é poder vender fisicamente as entradas, ás persoas adxudicatarias, na Oficina de Atención ao Deportivismo até o xoves pola tarde (de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.).

A Federación de Peñas do RC Deportivo tamén xestionará pola súa conta a cota do total de entradas (40%: 240 localidades) correspondente por convenio entre entidades para partidos deste tipo.