Para o partido do mércores 16 ás 20:30 h. contra o Real Racing Club de Santander póñense entradas a disposición da afección que queira acudir ao Estadio ABANCA-RIAZOR e que non teña carné do Dépor 21-22.
AVISO MOI IMPORTANTE: NON son válidas as entradas compradas para a data inicialmente sinalada para o partido. O importe desas entradas xa se devolveu a quenes as compraron polo mesmo método de pago utilizado. Para esta nova data é necesario comprar de novo entrada. As socias e socios do Deportivo poden acceder directamente co seu carné. En calquera caso hai que portar, ademais, a documentación requirida ao pé desta información*
Os prezos das entradas para o público oscilan entre os 30 euros da Tribuna Superior e os 15 de catro das oito bancadas do Estadio, pero todas esas socias e socios do Dépor dispoñen dunha oferta para comprar até 4 entradas por carné, con prezos que van dos 5 aos 10 euros en función da bancada (Esgotada Marathón Inferior).
As entradas poden comprarse seguindo o mesmo método que se veu utilizando en todos os partidos en ABANCA-RIAZOR, a través da páxina:
https://bancada.rcdeportivo.
O mércores 16, día do partido, as entradas poden comprarse nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor en horario ininterrompido desde as 11:00 h. e até o comezo do encontro.
* Seguindo as indicacións que publicou a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e que expresamente trasladou ao RC Deportivo, informamos a todas as persoas que vaian acudir o vindeiro mércores ao Estadio ABANCA-RIAZOR con motivo do partido Deportivo-Real Racing Club de Santander de Primeira RFEF do seguinte:
Como consecuencia da publicación no DOG o 17 de decembro de 2021 (nº 241), da Orde da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, de 14 de decembro de 2021, pola que se establecen medidas preventivas de seguridade sanitaria consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a certos establecementos e prorróganse diversas ordes como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 en Galicia, o RC Deportivo de La Coruña, SAD vese obrigado a esixir a todas persoas maiores de 12 anos para acceder ao estadio ABANCA-RIAZOR, a seguinte documentación, ademais do seu DNI, un dos documentos aos que se refiren os seguintes ordinales:
1º. Certificado de vacinación (en formato papel ou en formato dixital) acreditativo de que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a que se concedeu autorización de comercialización na Unión Europea (BioNTech, Pfizer; Johnson & Johnson; Moderna; Novavax; Oxford, AstraZeneca).
2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso de PCR, e 48 no caso do test de antígenos. No caso do test rápidos de antígenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de test rápidos de antígenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa (consultar lista).
3º. Que a persoa se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso a persoa deberá ser diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, non sendo válido outro tipo de test.
NON PODERÁN ACCEDER AO ESTADIO ABANCA-RIAZOR as persoas maiores de 12 anos que non acheguen algún dos documentos sinalados anteriormente, para que o persoal do Club poida realizar a comprobación á que vén obrigado legalmente.
Debido ás esixencias da norma e ás comprobacións que temos que realizar, é posible que se retarde o acceso ao Estadio, polo que suxerimos que se acuda con polo menos 30 minutos de antelación, e infórmase que desde as 19:30 horas será posible acceder a ABANCA-RIAZOR.



