RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Entradas dispoñibles para o Dépor-Bergantiños do domingo en Arteixo

O Atlético Arteixo puxo hoxe á venda as entradas para o partido amigable que o domingo a partir das 19:00 h. disputan nas súas instalacións de Ponte dos Brozos o RC Deportivo e o Bergantiños FC.

O prezo único das entradas para todo o público asistente é de 10 euros e poden adquirirse anticipadamente nesta ligazón.

Como o resto de partidos de pretemporada do Deportivo, dentro da Dépor Xira Integral Motion, o encontro retransmitirase en directo a través da canle oficial de Youtube do Club: www.youtube.com/rcdeportivo grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.