RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Entradas (gratuítas e obrigatorias para socios e socias) para o Dépor ABANCA B - Athletic Club B do domingo 16 de novembro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias

O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias para o partido deste domingo 16 de novembro ás 12:00 entre o Deportivo ABANCA B e o Athletic Club B, correspondente á 10ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 5 euros.