RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Entradas (gratuítas e obrigatorias para socios e socias) para o Xuvenil A - Sporting de Gijón do sábado 29 de novembro ás 16:00 no campo Arsenio Iglesias

O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias para o partido deste sábado 29 de novembro ás 16:00 entre o Xuvenil A e o Sporting de Gijón, correspondente á 11ª xornada no grupo 1º de División de Honra.

Os branquiazuis, terceiros con 21 puntos, mídense aos xixoneses, colíderes con 24 puntos.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin.

A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.