RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Abertos este domingo 23 de novembro desde as 11:00 os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor

Este domingo 23 de novembro, día do partido ante o AD Ceuta FC en ABANCA-RIAZOR (14:00 horas), abrirán os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 11:00.

As entradas tamén se poden adquirir en calquera momento a través de bancada.rcdeportivo.es, onde será necesario introducir o ID e o PIN.

Os prezos das localidades son a partir de 25 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.

Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.

Ademais, tamén está operativa a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.