RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Entradas nominativas á venda en Riazor para o Real Madrid - Dépor

A partir do luns ás 10:00 horas, os socios do Real Club Deportivo que desexen acudir ao partido do próximo sábado 14 no Santiago Bernabéou, podrán adquirir entradas nominativas para o encontro na Oficina de Atención ao D

O Real Madrid puxo a disposición dos socios do Real Club Deportivo 400 localidades da zona de afección visitante (4º anfiteatro do Fondo Norte) ao prezo de 35 € cada unha.

O procedemento de compra, para poder cumprir as condicións esixidas polo Real Madrid C.F. para o despacho das localidades, será o seguinte:

- Cada socio do Deportivo poderá reservar e deberá abonar unha ou dúas localidades mostrando o seu carné na Oficina de Atención ao Deportivista. O socio deberá facer constar o nome, apelidos e DNI das persoas que vaian ser os usuarios finais desas entradas, coa autorización de cesión de datos a terceiros asinada por eles (ben de forma presencial ou ben entregando este documento cuberto e unha fotocopia do DNI do asinante)

- O Real Club Deportivo admitirá compras os días 9 e 10 de febreiro de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

- O Real Club Deportivo remitirá a listaxe de compradores de entradas ao Real Madrid C.F. para que este emita as localidades cos seguintes datos impresos nas mesmas: Nome, apelidos, DNI, "entrada persoal e intransferible, obrigatorio presentar DNI no acceso ao estadio".

- O Real Club Deportivo entregará aos socios esas localidades, emitidas con esas características, o xoves 12 e venres 13 na Oficina de Atención ao Deportivista no seu horario habitual de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

- Os afeccionados deberán mostrar o seu DNI xunto á entrada no momento de acceder ao Estadio Santiago Bernabéu. En caso de non portar a documentación ou non coincidencia, o Real Madrid C.F. resérvase o dereito de non permitir o acceso ás súas instalacións atendendo ao cumprimento da súa normativa para este partido.