RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Entradas para Deportivistas para o Linares-Dépor

O Linares Deportivo puxo a disposición do Deportivismo 900 entradas, 600 delas en formato dixital e venda directa por parte do club andaluz, do Estadio Municipal de Linarejos, a un prezo de 15 euros cada unha, de cara ao partido do próximo domingo 14 de maio ás 12:00 h. (Insports.tv).

As entradas xa están dispoñibles na ligazón: https://venta-linaresdeportivo.t2v.com/es/entradas/ver/id/202223018 dentro da sección "Visitante"

Outras 300 entradas físicas, desas 900 dispostas, remítense ao RC Deportivo para poder vender presencialmente na Oficina de Atención ao Deportivismo para aquelas persoas que non poidan compralas online.

Desas 300, unha porcentaxe destínase á Federación de Peñas en virtude do convenio entre ambas as entidades.

No caso destas localidades físicas, poderán comprarse entre o martes 9 e o xoves 11 de maio ás 13:30 horas, dentro do horario habitual da Oficina de Atención ao Deportivismo (de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.). Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas, unha ou dúas por carné (máximo 4 por persoa física en despacho de billetes), mostre o DNI orixinal (ou copia ou imaxe) de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono.