RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Entrega de Diplomas

Os nenos da primeira quenda do I Campus de Fútbol RC Deportivo recibiron este mediodía os diplomas pola súa participación no mesmo. A entrega, no campo de adestramento de Acea de Ama, contou coa presenza de Luís Sánchez Doporto, Francisco Dopico e Manuel


Os nenos mostráronse encantados tras esta semana de deporte, unha forma diferente de iniciar as súas vacacións estivais, en contacto con outros nenos, en plena natureza, xogando e, á vez, aprendendo.


Neste cinco días tiveron clases teóricas e prácticas, xogaron partidillos pero tamén tiveron tempo de ir á piscina, de recibir os agasallos cortesía de Fadesa e Coca Cola e de visitar o Estadio de Riazor, ver os palcos VIP e coñecer os vestiarios do equipo branquiazul.


Uns días de diversión, de deporte e aprendizaxe, que lles permite estar máis preto do Club herculino e que a recado lles deixará grandes recordos na memoria. Ao final, pousaron felices cos seus diplomas en compañía dos técnicos e directivos do Club.