Ante a cita do Arcanxo, alí agárdalles o Córdoba disposto a non deixarse sorprender, os deportivistas coidan a súa preparación. Onte, como cada mércores, cumpriron un forte programa de traballo dividido en dúas sesións.
Máis intensa resultou a matinal, con exercicios físicos circuíto de velocidade e táboa ximnástica orientada a facilitar a flexibilidade. Pola tarde Naya preocupouse da formulación táctica do encontro...