RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Esgotadas todas as localidades postas á venda na Coruña para o Unionistas-Dépor

Minutos despois do mediodía esgotáronse todas as entradas postas a disposición do Deportivo polo Unionistas de Salamanca CF para o partido da quinta xornada de Primeira RFEF Footters que se disputa no Reina Sofía o domingo 26 de setembro ás 12:00 h. (Footters).

Unha vez esgotadas todas as localidades dispoñibles, o persoal do RC Deportivo recolleu os datos dos Deportivistas que permanecían aínda na cola para, en caso de ampliación de aforo do Estadio e de que o Unionistas de Salamanca decidise que parte desa ampliación de aforamento fose para afeccionados visitantes, poder contactar cos socios do Dépor que hoxe esperaban ter o seu pase para pór esas entradas á súa disposición.