RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

España, coa deportivista Lucía Rivas, proclámase campioa de Europa sub-17

-Foto:@rfef.es

 

Lucía Rivas (na foto na fila do medio a segunda futbolista empezando pola dereita) proclamouse en Suecia coa selección española sub-17 campioa de Europa e colle así a substitución de Teresa Abelleira, Malena Mieres e Nuria Rábano, campioas europeas tamén sendo xogadoras branquiazuis pero en categoría sub-19.

Hoxe sábado 18 de maio no Malmö Idrottsplats de Malmö as españolas golearon (0-4) a Inglaterra selando un brillante torneo. A canteirá branquiazul seguiu o choque desde o banco.

O mércores 15 de maio agardaba Francia nas semifinais.

España foi moi superior ás vixentes campioas, goleou (6-1) con 6 tantos nos primeiros 31 minutos e meteuse pola porta grande na final, que leva ademais unha praza para o Campionato do Mundo.

Lucía Rivas arrincou o partido no banco e saltou ao campo no minuto 60 en substitución de Lúa Arufe.

A selección española sub-17 concluíu o pasado domingo 19 ante Bélxica a Primeira Fase do torneo.

A futbolista do Dépor ABANCA foi titular noutra goleada española (0-5) e dispuxo dalgunha boa ocasión para marcar, como un remate que se lle marchou alto desde a frontal da área pequena. Foi substituída no minuto 72 por Lúa Arufe.

Con este resultado, España sumou 3 triunfos nos 3 partidos da Primera Fase, co do luns 6 de maio ante Portugal (3-0) e o do pasado xoves 9 ante Polonia (1-0).

Lucía Rivas tamén tivo minutos de xogo no encontro ante as portuguesas, ao substituír a Ainoa Gómez no 82.

Os resultados de España foron os seguintes:

Luns 6 de maio
ESPAÑA 3 - PORTUGAL 0

Xoves 9 de maio
ESPAÑA 1 - POLONIA 0

Domingo 12 de maio
BÉLXICA 0 - ESPAÑA 5

Semifinais
Mércores 15 de maio
ESPAÑA 6 - FRANCIA 1

Final
Sábado 18 de maio
INGLATERRA 0 - ESPAÑA 4

Lucia Rivas é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.