RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

España, con Elena Vázquez na convocatoria, derrota a Suíza e xa está en semifinais do Europeo sub-17

- Foto: @SEFutbolFem -

Elena Vázquez representa a #ANOSACANTEIRA no campionato de Europa sub-17 que se celebra estes días en Estonia.

A defensora deportivista ten como rivais na fase de grupos a Alemaña, Suíza e a anfitrioa Estonia.

A segunda cita no torneo para a canteirá branquiazul e as súas compañeiras foi hoxe mércores 17 de maio ante Suíza, que debutou con triunfo (0-4) ante Estonia na 1ª xornada.

Gañaron as hispanas (3-0), resultado que clasifica xa ao equipo que prepara Kenio Gonzalo para as semifinais do próximo 23 de maio.

Do mesmo xeito que no primeiro partido, Elena Vázquez non gozou de minutos de xogo.

España pechará esta primeira fase este sábado 20 ás 16:00 (hora española) ante a anfitrioa Estonia no Estadio Lilleküla de Tallin.

O torneo arrancou para a selección española o pasado domingo no Estadio Kadriorg ante Alemaña, á que xa derrotara (4-0) na Ciudad del Fútbol nun amigable o pasado 12 de xaneiro.

O domingo, xa en competición oficial, as españolas volveron vencer (0-2) con dobrete de Vicky López. Nesta ocasión, Elena Vázquez seguiu o partido no banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

O calendario da Primeira Fase de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Domingo 14 de maio
ALEMAÑA 0 - ESPAÑA 2

Mércores 17 de maio
ESPAÑA 3 - SUÍZA 0

Sábado 20 de maio
17:00 (hora local, 16:00 na península): ESPAÑA - ESTONIA, no Estadio Lilleküla (Tallin)

Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, Elena Vázquez gañouse esta temporada unha praza de titular no Dépor ABANCA B e xa debutou nun amigable co Dépor ABANCA de Primeira Federación Iberdrola.