RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

España, con Lucía Rivas, mídese mañá mércores a Francia na semifinal do Europeo sub-17

-Foto:@rfef.es

 

Lucía Rivas (na foto a futbolista da esquerda) está concentrada en Suecia coa selección española sub-17 con motivo da Fase Final do Campionato de Europa.

Mañá mércores 15 de maio agarda Francia nas semifinais, ás 15:30 no Klostergårdens IP de Lund.

As francesas, vixentes campioas, metéronse como segundas do grupo A após caer ante Inglaterra (0-1); e derrotar a Noruega (0-8) e Suecia (2-3).

A canteirá branquiazul concluíu o pasado domingo ante Bélxica a Primera Fase.

A futbolista do Dépor ABANCA foi titular na goleada española (0-5) e dispuxo dalgunha boa ocasión para marcar, como un remate que se lle marchou alto desde a frontal da área pequena. Foi substituída no minuto 72 por Lúa Arufe.

Con este resultado, España sumou 3 triunfos nos 3 partidos que van de competición, co do luns 6 de maio ante Portugal (3-0) e o do pasado xoves 9 ante Polonia (1-0).

Lucía Rivas tivo minutos de xogo no encontro ante as portuguesas, ao substituír a Ainoa Gómez no 82.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Luns 6 de maio
ESPAÑA 3 - PORTUGAL 0

Xoves 9 de maio
ESPAÑA 1 - POLONIA 0

Domingo 12 de maio
BÉLXICA 0 - ESPAÑA 5

Semifinais
Mércores 15 de maio
15:30: ESPAÑA - FRANCIA no Klostergårdens IP de Lund

Lucia Rivas é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.