RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Estado físico do cadro a 2 de xuño

Con dous adestramentos por diante (o de hoxe venres e o de mañá sábado) e a pouco máis de 48 horas de recibir ao CD Castellón no partido de ida de semifinais do playoff de ascenso a Segunda División, o domingo 4 de xuño ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e InSports.tv), todo o cadro está a disposición de Rubén de la Barrera.

Alberto Quiles é, a día de hoxe, a única baixa. O dianteiro andaluz xa traballa en Abegondo na recuperación do seu xeonllo ás ordes do readaptador Alejandro Canosa.

Preguntado por Lucas, o técnico deportivista subliñou que está "perfectamente" e atribuíu a un tema de control de carga de traballo o feito de que se retirou antes de que acabase o adestramento onte xoves.