RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Este venres 19 de setembro pecha a OAD pero abren desde as 17:00 os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor

Este venres 19 de setembro, día do partido ante a SD Huesca en ABANCA-RIAZOR (20:30 horas), abrirán os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 17:00.

A Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) sita na Avenida da Habana permanecerá pechada.

As entradas pódense adquirir en calquera momento a través de bancada.rcdeportivo.es, onde será necesario introducir o ID e o PIN.

Os prezos das localidades son a partir de 25 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.

Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.

Ademais, tamén está operativa a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.